sábado, 20 de octubre de 2012

Retranquea, pero ben, ben.



Nun día coma hoxe... E nun día coma mañá?

Nun lugar chamado North Oakland tamén lles gusta a bica.  (http://oaklandnorth.net/)
Entre anacos de bica e un café que bebo amodiño, para que dure, miña nai leme unha entrevista a Tom Sharpe. O escritor inglés, creador de Wilt, comparte o seu humor "negro-escurísimo -como a fumeirada de As Pontes" con quen tamén sobreviva cun sorriso amargo na cara. No último XL Semanal. O pobre! A menor desgraza da súa vida é que o botasen de Sudáfrica por sacar unhas fotos. De cousas que non eran de bo gusto como para levar de souvenir polo mundo adiante. Chamárono comunista e fixeron un bonito San Xoan. Recoméndovos a lectura encarecidamente e amais, gratis (Co.. ABC? Vese que o mundo ten de sobra para rirmos). 

Sharpe cita ao grande Billy:

"Tes que ser moi divertido para dicir a verdade. Se non, mátante".
Mr. Wilder.

Aquí poñemos a de Carolina.

Nós tiñamos a Castelao para pronunciar unhas cantas.

"Las sardinas volverían si los gobiernos quisiesen".
"¡Un 'padrenuestriño' para que Dios nos liberte de la justicia!"
"Bebo para ahogar las penas; más las condenadas flotan"
"Un niño a otro: —¿Y qué comerán los ricos? —Azúcar, supongo" (Eu respondo que non, ho; hoxe hai democracia. Todo é sugar free).

Se o queredes máis claro porque tedes o viso recortado: 

"El verdadero heroísmo consiste en convertir los sueños en realidades y las ideas en hechos".
"El pueblo sólo es soberano el día de las elecciones".

Non facer chiste é unha perda de oportunidades e de tempo, que aínda imos polo primeiro acto. Pero se pedides seriedade, nun día coma hoxe, 19 de outubro, ofrézovos esta serie infinita e non matemática de efemérides: 

1469 Voda de Isabel de Castilla con Fernando de Aragón, parto dos Españolitos aquí presentes.
1789 Francia: a Asemblea Constuínte inaugura a súa sede nas Tullerías.
1868 España adopta a peseta. Aquelas moedas nas que había un donus prateado que as avoas lle puñan a San Pancracio e un XoanCar noviño.
1915  Revolución en México. Os Iuesei recoñecen a República Mexicana.
1934 Mao e a súa ringleira simética de seguidores abandonan Kiang-si e percorren a ruta da seda nunha "Looonga Marcha" antes de que Coca-Cola se vestise de vermello.
1960 Embargo comercial ianqui contra Cuba, comezo xustificado pola seguridade mundial das cartillas de racionamento, cando aquí empezabamos a deixalas.
1987 A Bolsa de Nova Iorque cae máis de 500 puntos:  Un "Luns negro", produto da boa fumeirada que se formara dende que Keynes arranzase a cheminea da explosión do 29.

E 20?

1918 Fin da I Guerra Mundial. Alemania, daquela, aceptou os termos de outros, neste caso, dos americanos. Máis leccións  de xestión de empresas para a historia.
1935 Despois dun ano e 12.000 km., conclúe a conquista dos chinos do libriño, que se deixaron os ollos así de lelo tanto e predicalo pouco e mal. 
1950 Na guerra de Corea, Pyongyang convértese na capital do feudo do señor do Arirang. A Seúl faltábanlle os rañaceos e cursos de inglés televisados.
1975 Outra marcha, a verde, toma o relevo corenta anos despois da Loonga, cando lavamos as mans e saímos a lume de carozo do Sahara Occidental.
2011   ETA anuncia o "cese definitivo" da loita armada. 43 anos e 829 asasinatos.

Cómese despois, aínda que non sexa de balde.
21????

Insert Coin.
A "Ruleta da Fortuna"
Tampouco estraperlos. (...)
Non hai "game over", xentiña. Toca quenda no xogo. O papeliño nun sobre, o sobre, no oco; logo, seguimos.   




Gogue.

1 comentario:

Qué opinas??